Apoio á comercialización
A través das accións de apoio á comercialización, Turespaña axuda ás empresas e destinos turísticos españois a traballar co sector da intermediación nos mercados emisores, para que as axencias de viaxes e os turoperadores poidan ofrecer estes produtos e servizos aos seus clientes finais.Na actualidade, as accións de apoio á comercialización desenvolvidas por Turespaña céntranse na presenza de empresas e destinos nas principais feiras internacionais, así como na organización de xornadas de apoio á comercialización, tanto directas (nos mercados de orixe) coma inversas (en España).Así mesmo, tamén se está a traballar no desenvolvemento da conectividade aérea entre España e os seus mercados emisores.Por último, dentro deste piar da actividade de Turespaña inclúense todas as accións formativas dirixidas tanto ao sector español (a través de xornadas para coñecer a demanda, o funcionamento dos distintos sectores, como a aviación, etc.) coma ao dos mercados emisores (a través da formación de axentes e turoperadores mediante o Spain Specialist Program)