Co lema Caring for the future (coidando o futuro) como estandarte, Spain Talks xorde como unha aposta innovadora e necesaria no panorama turístico global. Unha serie de eventos dirixidos ao sector turístico dos principais mercados emisores co obxectivo de destacar e difundir as iniciativas de sostibilidade que están a transformar España, tanto no ámbito público coma no privado. Cun formato áxil e dinámico, estes eventos ofrecen unha plataforma única para o intercambio de ideas, a aprendizaxe e a colaboración, posicionando o destino España como líder en materia de sostibilidade. Únete a Spain Talks nesta emocionante viaxe cara a un turismo máis responsable e sostible!
Descubre os eventos internacionais programados.
CONFERENCIAS
Spain Talks é un evento dirixido ao sector turístico dos diferentes mercados emisores clave na estratexia de promoción de España que, con esta cita, busca atraer a profesionais e líderes do sector comprometidos coa sostibilidade e ao futuro do turismo. A cita ofrece unha oportunidade única para que representantes de compañías aéreas, axencias de viaxes, operadores turísticos, hoteis, destinos, provedores de experiencias turísticas e outras entidades do ecosistema turístico, intercambien ideas, coñezan as últimas tendencias en turismo sostible e establezan colaboracións.
PREMIOS
Os premios outorgados en Spain Talks representan un recoñecemento á excelencia e á innovación en materia de sostibilidade no sector turístico. Turespaña outorgará o premio a actores e socios dos mercados emisores cuxo compromiso e dedicación contribuíron significativamente ao avance do turismo sostible en España. A elección da peza Homenaxe a Miró realizada por Sargadelos, empresa ceramista galega que conta con máis de 200 anos de historia e tradición, supón unha unión simbólica coa marca España a través do seu logotipo e destaca o apoio á conservación dos oficios tradicionais e o noso compromiso coa a sostibilidade cultural. É unha aposta pola autenticidade e unha forma de combinar territorio, tradición e arte.
CATEGORÍAS
As categorías de premios relacionados cos mercados emisores abranguen áreas clave que reflicten o compromiso coa sustentabilidade e a innovación no turismo. • Media award. O premio destinado aos medios de comunicación recoñecerá a mellor cobertura de España como destino comprometido coa sostibilidade, destacando a importancia da comunicación na promoción de prácticas responsables.• Ambassador award. O premio ao mellor prescritor, influente (influencer) ou creador de contidos distinguirá o mellor contido que destaque a España como destino comprometido coa sostibilidade, destacando o poder destes perfís para xerar conciencia.• Experience award. O premio ao mellor produto turístico sostible aplaudirá a comercialización de paquetes, experiencias e ofertas que promovan o turismo sostible en España, destacando a importancia de ofrecer viaxes auténticas e respectuosas co entorno.• Business award. O galardón á empresa co mellor proxecto ESG recoñecerá o compromiso das compañías con prácticas responsables como programas de compensación da pegada de carbono, reciclaxe, accesibilidade e inclusión dos seus traballadores, impulsando un enfoque na sostibilidade en todas as facetas do negocio.
DESCARGA DE INFORMES