Convención Turespaña

Convención Turespaña é un evento anual concibido como un espazo para o encontro do sector turístico, público e privado, para o intercambio de información e boas prácticas, así como para a reflexión conxunta sobre o desenvolvemento turístico de España, os seus destinos e empresas. A Convención tamén busca mellorar a eficacia e o alcance da acción de Turespaña mediante a coordinación e colaboración con destinos e empresas do sector.

IV Convención Turespaña 2024 - INSCRICIÓNS ABERTAS

A IV Convención Turespaña terá lugar na illa de Tenerife do 1 ao 3 de outubro de 2024. O tema central desta cuarta edición será a dixitalización do sector turístico e o seu uso para desenvolver novos produtos e experiencias para os visitantes, así como para mellorar os modelos de xestión de destinos e empresas, garantindo unha sostibilidade efectiva.

Máis info - Inscricións
IV Convención Turespaña 2024

V Convención Turespaña 2025

Os destinos turísticos españois foron convocados para presentar a súa candidatura para a celebración da V Convención de Turespaña que se celebrará a comezos do mes de outubro de 2025. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 28 de xuño.En breve darase a coñecer a cidade anfitrioa da V Convención Turespaña 2025.Para obter máis información podes escribirnos a convencion@tourspain.es