Márketing de influencers
Tan importante como ofrecer ás nosas audiencias obxectivo contidos relevantes nos formatos máis impactantes, de xeito orgánico ou en accións de publicidade pagada nos perfís en redes sociais promocionais de Turespaña, é ofrecérllelos a través de usuarios que lles merecen confianza e credibilidade; é por isto que o Social Media Plan de Turespaña inclúe accións de márketing con prescritores (influencers), tanto micro coma macro. Para iso, identifícanse perfís de influencia para cada un dos idiomas ou mercados nos que Turespaña realiza labores activas de promoción e selecciónanse aqueles influencers cuxos seguidores respondan ao perfil de demanda afín aos segmentos prioritarios identificados no apartado anterior.Para estas actuacións, Turespaña busca a colaboración de destinos españois ou clubs de produtos turísticos que poidan ofrecer servizos no destino aos influencers, co obxectivo de facelo máis atractivo. Tamén se contemplan accións consistentes en «patrocinar» contidos ou publicacións, especialmente no que se refire aos microinfluencers.