Sevilla | 04 outubro 2021 - 06 outubro 2021

I Convención Turespaña Sevilla

España é, sen dúbida, unha das potencias turísticas máis importantes a nivel mundial, pero os retos provocados pola pandemia implican unha responsabilidade aínda maior á hora de xestionar axeitadamente a política turística española por parte da Administración Xeral do Estado, así como de xogar un papel fundamental na recuperación e na busca de solucións ás cuestións que preocupan ao noso sector turístico.Tanto as competencias que lle corresponden a TURESPAÑA coma a relevancia de España no panorama turístico mundial fan que sexa de gran interese que a administración turística española lidere o debate sobre os principais retos do turismo nacional no contexto pospandémico.Partindo destas premisas, TURESPAÑA e o Concello de Sevilla, a través de CONTURSA, uniron as súas forzas para desenvolver un espazo de encontro, colaboración e planificación entre Turespaña (e a súa rede de consellerías de turismo no exterior) e os destinos turísticos españois, para permitir dar a coñecer e intercambiar boas prácticas no sector público turístico, reforzar os mecanismos de colaboración co fin de planificar políticas turísticas e coñecer tendencias ou iniciativas no sector turístico privado.Neste contexto, celebrouse a I Convención Turespaña, que tivo lugar no FIBES de Sevilla os días 4, 5 e 6 de outubro de 2021 en formato híbrido, para cumprir rigorosamente os protocolos de protección sanitaria.O obxectivo fundamental do Encontro foi crear unha canle e/ou foro de comunicación, tanto de intercambio de información coma de reflexión, arredor dos obxectivos estratéxicos de TURESPAÑA, co fin de aliñar o discurso entre os diferentes destinos turísticos españois.Este I Encontro de destinos turísticos españois artellouse arredor da idea de desenvolver unha estratexia turística na que a dixitalización e a sostibilidade fosen aspectos centrais, realizando diferentes relatorios, mesas redondas e encontros bilaterais entre destinos turísticos e os conselleiros de turismo que Turespaña ten no exterior.

Descargue o programa da I Convención de Turespaña 2021 en Sevilla

Sesións

Apertura e presentación
4 outubro 2021

Presentación: Plan Estratéxico de Márketing (PEM) 2021-2024. 

Mesa redonda: O turista rendible para a sostibilidade do destino
4 de outubro de 2021

Presentación O uso dos datos para o márketing de destinos.Presentación: Visión de Turespaña do Márketing de destinos.Presentación: Apoio á comercialización internacional de produtos e experiencias turísticas.

Presentación: Sevilla, «o seu modelo turístico».
4 outubro de 2021

Mesa redonda: Boas prácticas e retos para a promoción internacional de destinos dixitais e sostibles.

Mesa redonda: A comunicación e promoción 2021 das tres dimensións da sostibilidade
4 de outubro de 2021

Presentación: Estratexia de Sostibilidade Turística en Destino.

Presentación: O turista como motor do cambio
5 de outubro de 2021

Presentación: Mercados emisores.

Mesa redonda: Evolución da demanda internacional. Mercados de corto radio
5 outubro 2021

Estudo de caso: Plataforma de promoción turística NETFLIX.Mesa redonda: Evolución da demanda internacional. Mercados de longo radio.

Mesa redonda: Mobilidade e desenvolvemento sostible
5 outubro 2021

Entrevista desde as alturas: O futuro da conectividade.

Mesa redonda: A sostibilidade nas empresas de aloxamento
5 outubro 2021

Peche.

Resumo das Xornadas

I Convención Turespaña. Resumo das xornadas

I Convención Turespaña - Resumo primeiro día - Xornada 4 de outubro

I Convención Turespaña - Resumo segundo día - Xornada 5 de outubro

I Convención Turespaña - Resumo terceiro día - Xornada 6 de outubro